Benvidos e benvidas, amígos terrícolas!

Ola amigos terrícolas! Acabo de chegar na miña nave e caín nesta biblioteca, que bonita é! Ah! Por certo, chámome Casileo, son moi guapo e estou aprendendo a ler. Na miña galaxia somos todos moi parecidos, así coma vós, e non temos libros.Vou aproveitar a miña estancia na Terra para ler todos os libros que poida! Seguro que nalgún ata aparezo eu...!

domingo, 2 de junio de 2013

Olalla e Mark asombráronnos cos seus contos e debuxos

Olalla e Mark asombráronnos cos seus contos e debuxos on PhotoPeach A visita de dous artistas deixou aos nenos e nenas de Vilardevós con moitas ganas de asistir á biblioteca e ler e facer debuxos.

domingo, 21 de abril de 2013

sábado, 13 de octubre de 2012

CONCURSO DE TERROR

Xa tedes na aula as bases do Concurso de Terror que se celebrará por mor do Samaín!! Animádevos a participar!! Haberá premios interesantes, e hai tres por cada categoría!! As posibilidades son enormes!!


sábado, 29 de septiembre de 2012

BO COMEZO DE CURSO!

Boas a todos e todas! O luns comezará outubro e con este novo mes a apertura da biblioteca. Este ano seguirá o blog en forma, e as normas da biblioteca serán similares ás dos anos anteriores:

  • Os martes, nos recreos da mañá, se poderá facer o cambio de libro.
  • Os libros se prestan durante unha semana.
  • Os libros deben tratarse ben e devolverse sempre en bo estado.
  • Non se admiten perdas de libros.
  • Haberá un horario para titorías e especialistas, para que poidan facer uso da biblioteca nas súas clases. De todas formas, sempre que a biblioteca estea baleira, se poderá facer uso dela.
  • Na biblioteca non se pode comer nin beber.
  • Na biblioteca non se pode correr, nin falar alto.
  • Os libros deposítanse no seu lugar unha vez usados.


Haberá encargados e encargadas da biblioteca, que terán as funcións de:

  • Manter o silencio na biblioteca e facer cumplir as normas.
  • Recoller os libros que non estean no seu lugar.
  • Informar á encargada da biblioteca do que ocorre dentro dela.
  • Axudar á encargada da biblioteca os martes no recreo.
Ademáis terán os privilexios de: 
  • Poden usar a biblioteca sempre que o precisen para traballar, incluso fóra do horario da biblioteca.
  • Poden levar libros durante 2 semanas en lugar de unha.
  • Poden levar 2 libros en vez de un.
  • Se enterarán de todas as novidades antes có resto do alumnado.